Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se somete a información pública o proxecto para a implantación dun servizo de transporte público regular de uso xeral á praia das Catedrais.

De acordo coa disposición adicional única da Lei 10/2016, do 19 de xullo, de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia, a Dirección Xeral de Mobilidade procedeu a elaborar o proxecto para a implantación dun servizo de transporte público regular de uso xeral á praia das Catedrais, para a súa prestación nos meses de xullo, agosto e setembro de 2017. A tramitación e adxudicación deste servizo realizarase de conformidade co previsto na dita disposición adicional única da Lei 10/2016.

Segundo o exposto, sométese a información pública, durante o prazo de dez días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, o proxecto para a implantación dun servizo de transporte público regular de uso xeral á praia das Catedrais.

O documento íntegro poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Mobilidade, sitas na praza de Europa, 5A, 2º andar, Área Central, 15707 Santiago de Compostela, ou solicitar a súa remisión por correo electrónico no prazo de información pública ao enderezo electrónico civ.mobilidade@xunta.gal.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade