Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente AF e TT 2014/05.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á asociación interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado pola secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estatística e Publicacións, situadas na rúa do Camiño Francés, 8-10, semisoto, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: AF e TT 2014/05.

Interesado: Asociación Profesional de Selvicultores de España Silvanus.

Acto de notificación: resolución de perda de dereito á axuda.