Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 31 de maio de 2017 pola que se notifica acordo de inicio de expediente de caducidade de concesión administrativa no porto de Burela.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Joaquín Carvalho Gaspar e a Raquel Figueiro Iglesias o Acordo do 11 de maio de 2017, que inicia o expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada ás persoas que se citan, con destino a almacén para depósito de víveres e subministración a frota pesqueira, e explotación de bar restaurante no porto de Burela, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O acordo se emítese unha vez que, mediante Resolución do 11 de maio de 2017, o presidente de Portos de Galicia autoriza a incoación do expediente e nomea instrutor o xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, por ausencia de actividade, o que determina a concorrencia da causa imperativa de caducidade prevista na condición xeral 45ª, alínea c), do título e, igualmente, por atoparse pendente de aboamento a taxa de ocupación de dominio público portuario do primeiro semestre do ano 2016, e pendentes de publicación por viren devoltas as liquidacións correspondentes a esta mesma taxa do segundo semestre do ano 2016 e do primeiro semestre do ano 2017, o que nun futuro inmediato pode implicar a concorrencia da causa imperativa de caducidade prevista na condición xeral 45ª, alínea b), do título.

O réxime de recusación do instrutor é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Contra o acordo de incoación poderanse formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que se consideren pertinentes, nun prazo máximo de 15 días contados desde a publicación.

O órgano competente para a resolución do presente expediente é o presidente do ente público Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas pola Orde da Consellería do Mar do 25 de novembro de 2009, de delegación de competencias, entre outros, no presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG núm.  235, do 1 de decembro).

Cara ao seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2017

Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor