Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 27 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial para a instalación de catro liñas de produción na planta láctea de Puleva Food, S.L. en Nadela (Lugo) (clave 2016-IPPC-M-71).

Para os efectos previstos no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013) e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Proxecto básico de modificación substancial da autorización ambiental integrada e estudo de impacto ambiental das instalacións de Puleva Food, S.L. en Nadela. Febreiro de 2017.

Para que calquera interesado poida consultalo e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2016-IPPC-M-71.

Peticionaria: Puleva Food, S.L.

Dirección da planta: estrada N-VI, km 495, 27160 Nadela, Lugo.

Descrición da modificación: instalación de catro liñas de produción; unha liña de elaboración de leite pasteurizado, dúas liñas de envasamento de produto UHT e unha liña para envasamento de leite concentrado.

Verteduras: non se producen cambios con respecto á situación autorizada; as augas residuais pluviais, de proceso e sanitarias da planta trátanse na súa EDAR previamente á incorporación á rede de sumidoiros do concello. Con motivo da modificación prevese un incremento do volume de vertedura.