Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 18 de maio de 2017, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00522-O-2017 e oito máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación dos expedientes sancionadores número LU-00522-O-2017 e oito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 18 de maio de 2017

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-00522-O-2017

9237-JFR

Grupo SF Logística Portuaria, S.L.

B64397185

Diminución do descanso diario, en condución en equipo, en máis de 1 hora (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

15.2.2017; 13.02; AG-64; 55,9

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

LU-00571-O-2017

5517-DTX

Gesoryser, S.L.

B13430103

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

23.2.2017; 18.40; A-6; 540,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-00572-O-2017

5517-DTX

Gesoryser, S.L.

B13430103

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

23.2.2017; 18.40; A-6; 540,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-00577-O-2017

6141-HTZ

Musatesa, S.L.

B09548082

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

25.2.2017; 11.19; A-8; 588,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-00659-O-2017

8812-FRR

Recambios Ceta, S.L.

B27032812

Non realizar nas plantas cargadoras ou descargadoras as comprobacións que sexan obrigatorias antes, durante ou despois da carga/descarga.

2.3.2017; 17.45; N-VI; 543,8

Art. 141.5.14 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

LU-00661-O-2017

8812-FRR

Recambios Ceta, S.L.

B27032812

Carecer dos extintores que resulten obrigatorios en función do vehículo ou da carga transportada, ou dispor duns dos cales a correcta utilización non estea garantida.

2.3.2017; 17.54; N-VI; 543,8

Art. 141.5.3 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

LU-00662-O-2017

8812-FRR

Recambios Ceta, S.L.

B27032812

Transporte de mercadorías perigosas sen a carta de porte preceptiva para as mercadorías perigosas transportadas.

2.3.2017; 17.54; N-VI; 543,8

Art. 141.25 en relación co art. 140.15.8 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

801 euros

LU-00680-O-2017

9603-HXK

Alba Dulis Matías Alvarado

34298648J

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

13.3.2017; 17.55; N-VI; 543,8

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

325 euros

LU-00849-O-2017

7925-HZY

Fernández Neira, José M.

33820235T

Diminución do descanso semanal normal. Igual ou superior a 42 horas e inferior a 45 horas.

1.4.2017; 9.00; A6; 532,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros