Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Monte Alba, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establece a obrigatoriedade de publicar no Diario Oficial de Galicia a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais (cambio domicilio) da entidade Monte Alba, S. Coop. Galega, acordada na reunión do consello reitor do 7 de setembro de 2016, por unanimidade. Consta como novo domicilio social na avda. das Camelias, 108, local 8, concello de Vigo.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos (cambio domicilio social) da entidade Monte Alba, S. Coop. Galega.

Vigo, 25 de maio de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra