Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 24 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0329/2017-PRE e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio,o inicio do expediente PSC-CO-0329/2017-PRE e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 24 de maio de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0329/2017-PRE.

Persoa interesada: Antonio López Pardavila.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: lugar de Angustia, 18, A Pobra do Caramiñal.

Expediente: PSC-CO-0529/2017-PRE.

Persoa interesada: Juan José Domínguez García.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida Vilaboa, 197, baixo, A Corveira-Culleredo.

Expediente: PSC-CO-0554/2017-V.

Persoa interesada: Samuel Vilas Torres.

Acto de notificación: inicio.

Ultimo enderezo coñecido: rúa Mestre Xosé Sans, 2, Aguiño-Ribeira.