Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de maio de 2017 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/423/2015-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa notificación aos interesados.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/423/2015-RP1 aos herdeiros de M. del Carmen Rajo Vázquez, en relación coas obras de construción de dúas casetas metálicas sobre unha soleira de formigón, no lugar de Laxoso de Arriba, no termo municipal de Ponte Caldelas, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística