Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28491

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (258/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Óscar Alfredo López Dapena contra Carma 1042, S.C., Carlos Gómez García e María Peregrina López Dapena, en procedemento ordinario rexistrado co nº 258/2016, acordouse citar as demandadas Carma 1042, S.C., Carlos Gómez García e María Peregrina López Dapena, en ignorado paradoiro, a fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, Sala de Vistas 3, planta baixa, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 11.9.2017 ás 10.50 horas e ás 10.55 horas, respectivamente, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberán acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que se encontra ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión, e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Carma 1042, S.C., Carlos Gómez García e María Peregrina López Dapena, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza