Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 25 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de conservación da natureza CON-LU-0005/2017-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 25 de maio de 2017

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 12.5.2017)
Mª Eugenia Gasalla Valle
Xefa do Servizo de Conservación da Natureza de Lugo

ANEXO

Expediente: CON-LU-0005/2017-V.

Interesada: Seabit, S.C.

Acto notificado: iniciación do expediente sancionador.