Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28360

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 1 de xuño de 2017 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UGT Galicia,

DISPOÑO:

O cesamento de José Luis Figueroa Núñez como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao en representación das organizacións sindicais, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar