Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28482

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 192/2015).

PO procedemento ordinario 192/2015

Demandante: Gregorio José Ramos Penido

Demandados: Savia Centro de Ensino Personalizado, S.L., Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 192/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gregorio José Ramos Penido contra Savia Centro de Ensino Personalizado, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes para compareceren o día 4.10.2017 ás 11.15 horas na planta baixa, Sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, unha vez tentada e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 4.10.2017 ás 11.20 horas na planta baixa, Sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese á parte demandante que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda; advírtese igualmente á parte demandada que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración e estes continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta a SSª do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Savia Centro de Ensino Personalizado, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza