Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28833

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Mediante Resolución do 22 de decembro de 2016 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 6, do 10 de xaneiro de 2017) convocouse concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social.

Por Resolución do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 70, do 10 de abril) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Na base sétima da resolución de convocatoria disponse que os tribunais cualificadores do concurso-oposición serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao día da data de realización das probas e para este efecto publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa antedita base e finalizado o prazo de emenda previsto no número 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, con carácter definitivo e por categoría, a relación das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Segundo. A lista coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderase examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Nomear os membros dos tribunais, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo e que se relacionan, para cada categoría, no anexo desta resolución.

Cuarto. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Quinto. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 22 de decembro de 2016, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Técnico/a especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información

Presidente/a titular

García Navas, Javier

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información

Secretario/a titular

Castelao Boga, María

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo de xestión da función administrativa

Vogal titular

Martínez Castro, Francisco José

Persoal funcionario grupo C. Escala sistemas e tecnoloxías da información

Vogal titular

Mosquera Mato, Diego

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

Vogal titular

Rodríguez Fernández, Dulce María

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

Presidente/a suplente

Pintos García, Manuel Anxo

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información

Secretario/a suplente

Alonso Padín, Luís

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo de xestión da función administrativa

Vogal suplente

García Dieste, José Javier

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información

Vogal suplente

Puga López, Rosa

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información

Vogal suplente

Rimada Mora, Dolores

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información

Técnico/a de xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información

Presidente/a titular

Tombo Guerner, Francisco Javier

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

Secretario/a titular

Ríos Carro, María José

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo de xestión da función administrativa

Vogal titular

López Pérez, Luis Ricardo

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

Vogal titular

Blanco Prado, M.ª Jesús

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

Vogal titular

Villar Mantiñan, José Luis

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

Presidente/a suplente

López Pérez, Óscar

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

Secretario/a suplente

Castelao Boga, María

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo de xestión da función administrativa

Vogal suplente

García Vallejo, Ana Isabel

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información

Vogal suplente

González Pérez, Juan Manuel

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

Vogal suplente

Montero Santoveña, Gustavo Alberto

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

Traballador/a social

Presidente/a titular

Caballero González, María Emma

Persoal estatutario de xestión e servizos

Traballador/a social

Secretario/a titular

Martínez Blanco, Ramón

Persoal funcionario do corpo superior de administración da Xunta de Galicia

Vogal titular

Álvarez Bouzas, José Antonio

Persoal estatutario de xestión e servizos

Traballador/a social

Vogal titular

Méndez Rodríguez, Rosa

Persoal estatutario de xestión e servizos

Traballador/a social

Vogal titular

Rodríguez Vázquez, Purificación

Persoal estatutario de xestión e servizos

Traballador/a social

Presidente/a suplente

Pereira Moreno, María Belén

Persoal estatutario de xestión e servizos

Traballador/a social

Secretario/a suplente

Rios Carro, María José

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo de xestión da función administrativa

Vogal suplente

Abeal Abeledo, María Xesús

Persoal estatutario de xestión e servizos

Traballador/a social

Vogal suplente

Fernández Fernández, María Luisa

Persoal estatutario de xestión e servizos

Traballador/a social

Vogal suplente

Fernández Méndez, María Sagrario

Persoal estatutario de xestión e servizos

Traballador/a social