III. Outras disposicións
Axencia Galega de Innovación
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 26 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN853A).
Advertido erro na resolución citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 108, do 8 de xuño de 2017, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 27782, no punto 4 do artigo 29 onde di: «Despois do pagamento...», debe dicir: «Previamente ao pagamento...».