En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación modificadas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e da Orde da Consellería Agricultura Gandería e Montes, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.
a) A Sociedade Agraria de Transformación Rico, SAT nº 1051 XUGA, na asemblea xeral do 1 de abril de 2017 acordou:
1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Miguel Ángel Rico Rodríguez, presidente; Miguel Ángel Rico Álvarez, secretario; Libia Rodríguez Alonso, vogal.
b) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Valiños, SAT nº 1274 XUGA, na asemblea xeral do 12 de abril de 2017 acordou:
1. Modificar os cargos da xunta reitora que pasa a estar composta por: Josefa Lenza Boudón, presidenta; José Valiño Lenza, secretario; José Valiño Abraira e Cristina Valiño Lenza, vogais.
c) A Sociedade Agraria de Transformación A Mella, SAT nº 1068 XUGA, na asemblea xeral do 14 de marzo de 2015 acordou:
1. Modificar os cargos da xunta reitora que pasa a estar composta por: Francisco Javier Varela Regueiro, presidente; Jesús Rivadulla Portos, secretario; Ana María Tojo Vázquez e María Josefa Regueiro Veiga, vogais.
d) A Sociedade Agraria de Transformación Doroña, SAT nº 1094 XUGA, na asemblea xeral do 24 de abril de 2017 acordou:
1. Modificar os cargos da xunta reitora que pasa a estar composta por: Jesús Villar Mato, presidente; José Ramón Varela Carreira, secretario; Ricardo Conde Conde, María Sagrario Parrado Vidal, María del Pilar Munín Otero e María del Carmen Conde Fernández, vogais.
e) A Sociedade Agraria de Transformación Murado Romualdo, SAT nº 1373 XUGA, na asemblea xeral do 25 de abril de 2017 acordou:
1. Modificar os cargos da xunta reitora que pasa a estar composta por: José Luis Jartín González, presidente; Mª de los Ángeles Murado Iglesia, secretaria; Antonio Murado Iglesia, Mª del Carmen Murado Iglesia, José Miguel Jartín Riveiro e Aida Riveiro Pérez, vogais.
f) A Sociedade Agraria de Transformación San Cidre, SAT nº 784 XUGA, na asemblea xeral do 31 de abril de 2017 acordou:
1. Aprobar a baixa dos socios Víctor M. Fernández Martínez, José Antonio Sánchez Freire e José María Santos Sánchez e a liquidación das súas participacións no capital social.
2. Modificar o artigo 2 dos estatutos sociais que queda redactado como segue:
«O capital social ascende a 3.046,12 € e estará representado por 506 títulos nominativos de 6,02 € cada un deles. Os títulos autorizados coas sinaturas do presidente e secretario, figurando neles os datos do número 3 do artigo anterior, a identidade do titular, a data do acordo de emisión, o valor nominal de cada un, os prazos e contía dos desembolsos e a data en que se expide. A cada socio seranlle estendidos tantos títulos como correspondan ao valor da súa achega. No libro de Rexistro de Socios anotarase a achega de cada un ao capital da SAT, número de títulos e desembolsos efectuados».
g) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Rodríguez, SAT nº 952 XUGA, na asemblea xeral do 20 de abril de 2017 acordou:
1. Aprobar a baixa da socia María Marzoa Otero e a transmisión da súa participación no capital social ao socio Rafael Rodríguez Manteiga.
Como consecuencia do anterior, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:
José Antonio Rodríguez Marzoa |
100 títulos |
39.835,00 € |
12,50 % |
Elena Paz del Río |
200 títulos |
79.670,00 € |
25,00 % |
Rafael Rodríguez Manteiga |
200 títulos |
79.670,00 € |
25,00 % |
María José Rodríguez Marzoa |
100 títulos |
39.835,00 € |
12,50 % |
Sonia Marzoa Paz |
200 títulos |
79.670,00 € |
25,00 % |
2. Modificar o artigo 11 dos estatutos que queda redactado como segue:
«A xunta reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT correspondéndolle a dirección da xestión económica e das actividades que se vaian desenvolver, estendéndose a súa competencia a canto non estea atribuído á asemblea xeral.
Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.
A xunta reitora estará composta por 5 membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de 6 anos podendo ser reelixidos.
Os cargos que se desempeñen na xunta reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta, elixíndose por separado presidente e secretario.
A renovación farase por metade cada 3 anos renovándose na primeira metade o presidente cos últimos dos vogais e na segunda o secretario cos demais vogais».
3. Modificar os cargos da xunta reitora que pasa a estar composta por: José Antonio Rodríguez Marzoa, presidente; Elena Paz del Río, secretaria; Rafael Rodríguez Manteiga, María José Rodríguez Marzoa e Sonia Marzoa Paz, vogais.
h) A Sociedade Agraria de Transformación Ilma, SAT nº 828 XUGA, na asemblea xeral do 17 de abril de 2017 acordou:
1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Abelardo Seoane Vázquez, presidente; José Ignacio Portos Vázquez, secretario; Lourdes Rico García, Mercedes Seoane Bravo e Alexandro Seoane Seoane, vogais.
i) A Sociedade Agraria de Transformación Madanelo, SAT nº 1063 XUGA, na asemblea xeral do 11 de abril de 2017 acordou:
1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: José Fernández García, presidente; Ricardo Fernández Barreira, secretario; María García Rodríguez, María Gloria Vega López e José Ángel Pérez Vega, vogais.
j) A Sociedade Agraria de Transformación Estrella de Nogaredo, SAT nº 1105 XUGA, na asemblea xeral do 17 de abril de 2017 acordou:
1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Jesús García Carneiro, presidente; Dolores Carnota López, secretaria; Manuel García Carnota, vogal.
k) A Sociedade Agraria de Transformación Chao Mezonzo, SAT nº 1189 XUGA, na asemblea xeral do 11 de abril de 2017 acordou:
1. Modificar os cargos da xunta reitora que pasa a estar composta por: José Emilio Mahía Neira, presidente; José Manuel Mahía Porto, secretario; Manuel Roberto Peteiro Neira e Roberto López Blanco, vogais.
l) A Sociedade Agraria de Transformación Seixo de Ledoira, SAT nº 1381 XUGA, na asemblea xeral do 24 de marzo de 2017 acordou:
1. Modificar os cargos da xunta reitora que pasa a estar composta por: Miguel Ángel Vilarelle Taboada, presidente; José Manuel López Rúa, secretario; María Ángeles Carnota Fernández e Pablo Miramontes Varela, vogais.
m) A Sociedade Agraria de Transformación Naranxal, SAT nº 1047 XUGA, na asemblea xeral do 10 de abril de 2017 acordou:
1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Manuel Villasenín Pérez, presidente; Lucía Villasenín Pérez, secretaria; Manuel Villasenín Pérez e Virtudes Pérez Portos, vogais.
n) A Sociedade Agraria de Transformación Procevisa, SAT nº 1409 XUGA, na asemblea xeral do 5 de maio de 2017 acordou:
1. Modificar o artigo 11 dos estatutos que queda redactado como segue:
«A xunta reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspondéndolle a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, estendéndose a súa competencia a canto non estea atribuído á asemblea xeral.
Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.
A xunta reitora estará composta por cinco membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de catro anos podendo ser reelixidos.
Os cargos que se desempeñen na xunta reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta, elixíndose por separado presidente e secretario.
A renovación farase por metade cada dous anos renovándose na primeira metade o presidente cos últimos dos vogais e na segunda o secretario e o tesoureiro cos demais vogais. A un dos vogais asignaráselle a función de tesoureiro.
A xunta reitora convocará á asemblea xeral de forma extraordinaria, dúas veces no ano, unha durante a primeira quincena do mes de xaneiro, e outra durante a segunda quincena do mes de abril, co fin de que a asemblea adopte as decisións pertinentes relativas ao uso da estrutura económica, social, organizativa e funcional da sociedade, tras a presentación por parte da xunta reitora dun informe relativo á mellor utilización dos recursos da sociedade no exercicio en curso».
2. Modificar os cargos da xunta reitora que pasa a estar composta por: Braulio Álvarez Sánchez, presidente; José Antonio Marra Bolaño, secretario; José Manuel Nieto Rodríguez, Anxo Morán Santana e Francisco Javier Rivero Camino, vogais.
o) A Sociedade Agraria de Transformación Privar, SAT nº 1190 XUGA, na asemblea xeral do 17 de abril de 2017 acordou:
1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Luis Ignacio Penas Río, presidente; María Margarita Varela Antas, secretaria; José Antonio Iglesias López e José María Penas Río, vogais.
p) A Sociedade Agraria de Transformación Salgado Boimorto, SAT nº 904 XUGA, na asemblea xeral do 17 de abril de 2017 acordou:
1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Jesús Miguel Pardo López, presidente; Elena López García, secretaria; Jesús Pardo Salgado, vogal.
q) A Sociedade Agraria de Transformación Casamaro, SAT nº 906 XUGA, na asemblea xeral do 5 de maio de 2017 acordou:
1. Modificar o artigo 11 dos estatutos que queda redactado como segue:
«A xunta reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspóndelle a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, estendéndose a súa competencia a canto non estea atribuído á asemblea xeral.
Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.
A xunta reitora estará composta por catro membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de seis anos e poderán ser reelixidos.
Os cargos que se van desempeñar na xunta reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta, elixíndose por separado presidente e secretario».
2. Renovar os cargos da xunta reitora que está conformada por: Natalio García Carral, presidente; Natalia García Martínez, secretaria; Jesusa Martínez Filgueira e Marcos García Martínez, vogais.
r) A Sociedade Agraria de Transformación do Ferreiro, SAT nº 1125 XUGA, na asemblea xeral do 24 de abril de 2017 acordou:
1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Manuel García Pita, presidente; Luis García Pita, secretario; Albina Pita Pérez e Mª Dolores Fernández Campo, vogais.
s) A Sociedade Agraria de Transformación Rey de Miñotelo, SAT nº 1238 XUGA, na asemblea xeral do 10 de maio de 2017, acordou:
1. Aprobar a transmisión de 2.036 títulos de cada socio ao novo pretendido socio Esteban Iglesia Vila.
2. Aprobar a alta como socio de Esteban Iglesia Vila.
Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios a razón de 6.108 resgardos, 61.080,00 euros, cada un deles.
3. Modificar o artigo 11 dos estatutos que queda redactado como segue:
«A xunta reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspóndelle a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, estendéndose a súa competencia a canto non estea atribuído á asemblea xeral.
Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.
A xunta reitora estará composta por catro membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de seis anos e poderán ser reelixidos.
Os cargos que se van desempeñar na xunta reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta, elixíndose por separado presidente e secretario.
A renovación farase por metade cada tres anos renovándose na primeira metade o presidente cos últimos dos vogais e na segunda o secretario e o tesoureiro cos demais vogais.
A un dos vogais asignaráselle a función de tesoureiro».
4. Modificar os cargos da xunta reitora que pasa a estar composta por: José Iglesia Iglesia, presidente; José Alberto Iglesia Vila, secretario; Elvira Vila Veiga e Esteban Iglesia Vila, vogais.
t) A Sociedade Agraria de Transformación Finca A Carballeira, SAT nº 1287 XUGA, na asemblea xeral do 16 de maio de 2017 acordou:
1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Antonio Cascudo Bouzas, presidente; Mónica Cabanas Arias, secretaria; Alberto Cabanas Arias, vogal.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017
Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias