Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28955

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO polo que se convoca un procedemento para o nomeamento de policías locais en comisión de servizo.

O Concello de Redondela convoca un procedemento para o nomeamento de policías locais en comisión de servizo.

Os ditos nomeamentos considéranse urxentes e inaprazables ao existir dúas prazas vacantes e preverse a existencia doutras tres vacantes nos vindeiros meses.

O texto íntegro dos criterios desta convocatoria publicaronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, núm. 95, do 19.5.2017, no taboleiro de edictos da Casa do Concello e na páxina web municipal (www.redondela.gal), na epígrafe de emprego público.

O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles que se contarán a partir do seguinte día ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG.

Redondela, 19 de maio de 2017

Javier Bas Corugeira
Alcalde