Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 68/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raúl Neira Guzmán contra Caspen Carpintería, S.L., Caslar Mobiliario, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Caspen 2008, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:
Sentenza.
Na Coruña, 15 de maio de 2017.
Vistos por min, Patricia López Arranz maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña os presentes autos de procedemento ordinario nº 68/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Raúl Neira Guzmán, asistido do graduado social Manuel Lema Devesa, contra Caspen Carpintería, S.L., Caslar Mobiliario, S.L. Caspen 2008, S.L., e contra o Fogasa, todos non comparecidos, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,
Decido que, tendo por desistida á parte demandante da súa pretensión fronte a Caspen Carpintería, S.L., debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Raúl Neira Guzmán e condeno solidariamente as empresas Caslar Mobiliario, S.L. e Caspen 2008, S.L. a que aboen ao demandante a cantidade de 4.127,85 euros máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.
Con intervención procesual do Fogasa.
Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.
Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.
Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino.
Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a xuíz/a que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.
E para que sirva de notificación en legal forma a Caspen Carpintería, S.L., Caslar Mobiliario, S.L., Caspen 2008, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.
A Coruña, 15 de maio de 2017
A letrada da Administración de xustiza


