Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se convoca a contratación da subministración, non suxeita a regulación harmonizada, a través dun acordo marco cun único empresario, de uniformes para os centros dependentes desta consellería, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente 34/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica, Servizo de Contratación e Control Económico Contractual.

c) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=169138.

e) Número de expediente: 34/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: determinar, mediante un acordo marco, as condicións ás que haberán de suxeitarse os contratos derivados a adxudicar polo órgano de contratación para a subministración de uniformes (roupa de traballo e calzado profesional) para os centros dependentes da Consellería de Política Social. O acordo marco comprenderá a determinación dos artigos que se vaian subministrar, os prezos unitarios (que terán o carácter de máximos), e outras condicións xerais da subministración, así como os termos básicos aos que haberán de axustarse os contratos que se deriven do presente acordo marco, de acordo coas especificacións que se describen no prego de prescricións técnicas.

c) Nomenclatura CPV:

18100000-0 roupa de traballo, roupa de traballo especial e accesorios.

18800000-7 calzado.

d) Nomenclatura CPA:

14.12 roupa de traballo.

15.20 calzado.

e) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/8.

• Lote 1: A Coruña.

• Lote 2: Lugo.

• Lote 3: Ourense.

• Lote 4: Pontevedra.

• Lote 5: Vigo.

• Lote 6: Oleiros.

• Lote 7: Santiago de Compostela.

• Lote 8: Ferrol.

f) Lugar de execución/entrega: nos centros dependentes da Consellería de Política Social de acordo co indicado no prego de prescricións técnicas.

g) Prazo de execución/entrega: o acordo marco estará vixente durante o prazo de 12 meses a partir da data de formalización. O prazo de vixencia do acordo marco poderá ser prorrogado, por mutuo acordo das partes antes da finalización deste, por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente polo que o período máximo de duración será de 24 meses, incluídas as prórrogas.

As entregas serán todos os días da semana excluídos domingos e festivos. Como parte da prestación contractual, as empresas adxudicatarias deberán de realizar a carga e descarga das mercadorías, así como o seu traslado nos interiores dos edificios ata os lugares de almacenaxe habilitados en cada centro.

h) Admisión de prórroga: si.

i) Establecemento dun acordo marco: si.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado:

a) Valor estimado do contrato: o valor máximo estimado deste acordo marco é de 557.735,54 € (cincocentos cincuenta e sete mil setecentos trinta e cinco euros e cincuenta e catro céntimos).

b) Valor estimado por lotes:

– Valor estimado lote 1: 79,507,44 €.

– Valor estimado lote 2: 74,598,35 €.

– Valor estimado lote 3: 78.661,16 €.

– Valor estimado lote 4: 79.781,82 €.

– Valor estimado lote 5: 78.403,31 €.

– Valor estimado lote 6: 68.218,18 €.

– Valor estimado lote 7: 55.363,64 €.

– Valor estimado lote 8: 43.201,66 €.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: si. Pola contía do 5 % do orzamento do contrato derivado, IVE excluído, de conformidade co disposto nos artigos 95.1 e 151.2 do TRLCSP.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional. Ver cláusulas 18 e 19 da folla de especificacións do PCAP.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación e Control Económico Contractual.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono de contacto:

Información administrativa e técnica: 981 54 56 62 (Rosa Ana Martínez Fernández).

d) Fax: 981 54 56 85.

e) Correo electrónico: centralizados.traballo@xunta.es.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=169138.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: 15 días desde o día seguinte ao da publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 159 do TRLCSP, salvo acordo de ampliación do prazo debidamente motivado polo órgano de contratación que será publicado no perfil do contratante.

b) Lugar de presentación: segundo o establecido no punto 21 da folla de especificacións do PCAP as proposicións presentaranse na oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, dirixidas á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

As solicitudes tamén poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío e anunciándoo á este Servizo de Contratación Administrativa mediante fax ou correo electrónico, no mesmo día e nun só envío, segundo o establecido no punto 21 da folla de especificacións do PCAP (fax do Servizo de Contratación e Control Económico Contractual: 981 54 56 85/email: centralizados.traballo@xunta.gal).

Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente dos indicados nos parágrafos anteriores non será admitida á licitación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada nos puntos 5.3 e 5.4 do PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: o acto público de apertura do sobre B efectuarase no lugar, a data e a hora que se publicará no perfil do contratante como mínimo con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos de publicidade:

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social