Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29205

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2017 de cesamento dun membro do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo.

O presidente do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo enviou o 24.5.2017 un escrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade no que vén a comunicar o cesamento por petición propia de Daniel de la Iglesia García en tanto que membro do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do 21 de xaneiro de 2014, que se publicou no DOG núm. 22, do 3 de febreiro, concedeuse a acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo, estableceuse a súa sede e nomeáronse como membros as persoas que se relacionaban no seu anexo.

Consideracións legais e técnicas:

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, regula os comités territoriais de ética da investigación. No relativo á súa composición, o artigo 9.5 sinala que «os membros destes comités serán designados/as e nomeados/as pola persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, garantindo en todo caso a representación equilibrada de homes e mulleres».

Pola súa banda, o número 6 do artigo 9 do citado Decreto 63/2013, do 11 de abril, dispón que «o nomeamento efectuarase por un período coincidente co de vixencia da acreditación do comité, aínda que poderá ser revogado ben por solicitude de baixa da persoa interesada, ben por se teren modificado as circunstancias que motivaron a súa designación de modo que supoña a perda dos requisitos para integrar o comité, ou por incumprimento notorio das súas funcións, a criterio do comité, e logo de audiencia do interesado».

Logo de ver o que se expuxo, e de acordo coa proposta que efectuou a Secretaría Xeral Técnica desta consellería,

RESOLVO:

Revogar o nomeamento de Daniel de la Iglesia García, á súa solicitude, como membro do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade