Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29585

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2017, Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da convocatoria de concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor.

De acordo co previsto no artigo 5 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por persoal funcionario docente que imparten ensinanzas de niveis non universitarios.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos resolve anunciar:

Primeiro.

Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.es/portaleducativo) estará dispoñible a convocatoria de concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería.

Segundo.

Que o prazo de presentación de instancias será de dez días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.

Que deberán cubrir a solicitude que figura como anexo III da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos