Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 30016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación para a contratación da subministración de diverso mobiliario xeral, cadeiras e armarios con chave para vestiario, con destino ao novo edificio de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (expediente AB-EIO1-17-005).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Servicio de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servicio de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: Casetas de Administración, planta baixa, rúa Ramón Puga, 52-54.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 38 57 02.

5º. Fax: 881 54 70 69.

6º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ver o punto 2.4.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Número do expediente: AB-EIO1-17-005.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de diverso mobiliario xeral, cadeiras e armarios con chave para vestiario, con destino ao novo edificio de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, ver o punto 2.1.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de execución/entrega: ver o punto 8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: ver o punto 8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 39130000-2; 39112000-0; 44421720-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver o punto 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: cento sesenta e un mil catrocentos noventa e cinco euros (161.495,00 €).

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 161.495,00 euros. Importe total: 195.408,95 euros.

Lote 1: importe neto: 51.284,00 euros. Importe total: 62.053,64 euros.

Lote 2: importe neto: 83.445,00 euros. Importe total: 100.968,45 euros.

Lote 3: importe neto: 26.766,00 euros. Importe total: 32.386,86 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver as letras d) e e) da cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo día natural, contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo para a presentación de ofertas coincide en día inhábil (sábado, domingo ou festivo) na localidade establecida na cláusula 5.2.1 do prego de cláusulas administrativas particulares, o dito prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver o punto 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Domicilio: Edificio Santa María Nai, soto -3, rúa Ramón Puga, 56.

Localidade e código postal: Ourense 32005.

Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es.

d) Número previsto de empresas ás que se pretende convidar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter súa oferta: ver o punto 5.6.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de las ofertas:

a) Descrición: ver os puntos 6.3 e 6.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Dirección: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos, 5º andar do Edificio Cirúrxico do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Data e hora: a data e hora de apertura do sobre B e do sobre C publicarase no perfil de contratante, www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver o punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Ourense, 26 de maio de 2017

Dionisio López Bellido
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras