Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2017/187-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.

Domicilio social: rúa Virgen de la Luz, 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMTS A Gaiosa.

Situación: Ponteareas.

Características técnicas: LMTS subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 600 metros de lonxitude, con orixe no apoio 4ES0486 da liña derivación a Puzo Fábrica e final no centro de transformación existente A Gaiosa. A instalación está situada na Gaiosa, Fontenla, Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de maio de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra