Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29889

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO de 16 de xuño de 2017 pola que se dá publicidade á resolución da mesma data pola cal se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador contratado (AD1701).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve proceder o anuncio da convocatoria de concurso público na seguinte categoría:

AD1701. Profesor/a axudante doutor/a (anexo).

A información completa (bases das convocatorias, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario-Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86), así como na páxina electrónica http://persoal.uvigo.es/, «Servizo de Persoal Docente e Investigador», premendo en «emprego», «convocatorias de concurso». Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se deben dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.

Vigo, 16 de xuño de 2017

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Datos das prazas

Praza nº 1

Referencia:

AD1701-C01-413-AX2-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento:

Fisioterapia

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

Doutor

Centro de traballo:

205 Facultade de Fisioterapia (Campus de Pontevedra)

Dedicación:

Tempo completo

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Facultade de Fisioterapia] (Campus de Pontevedra):

G170401 Electroterapia e Ultrasonoterapia

G170501 Fisioterapia Neurolóxica e Especial

G170907 Fisioterapia en Especialidades Clínicas II

G170912 Pilates Aplicado en Fisioterapia

Praza nº 2

Referencia:

AD1701-H05-010-AX2-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento:

Análise Xeográfica Rexional

Departamento:

Historia, Arte e Xeografía

Titulación:

Doutor

Centro de traballo:

105 Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Ourense)

Dedicación:

Tempo completo

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo] (Campus de Ourense):

G240104 Xeografía: O Turismo no Mundo Actual

G240909 Programación e Guía ee Itinerarios Turísticos

[Facultade de Ciencias da Educación] (Campus de Ourense):

G110907 Xeografía para Mestres

G120305 Xeografía

Praza nº 3

Referencia:

AD1701-T01-720-AX2-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento:

Proxectos de Enxeñaría

Departamento:

Deseño na Enxeñaría

Titulación:

Doutor

Centro de traballo:

309 Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (Campus de Vigo)

Dedicación:

Tempo completo

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía] (Campus de Vigo):

G290801 Proxectos

[Escola de Enxeñaría Industrial] (Campus de Vigo):

G380701 Oficina Técnica

Praza nº 4

Referencia:

AD1701-T05-065-AX2-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento:

Ciencia dos Mat. e Enxen. Metalúrxica

Departamento:

Enxeñaría dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construción

Titulación:

Doutor

Centro de traballo:

309 Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (Campus de Vigo)

Dedicación:

Tempo completo

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo] (Campus de Ourense):

G410304 Ciencia e Tecnoloxía dos Materiais

[Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía] (Campus de Vigo):

G310622 Ensaios e Control de Calidade de Materiais

G310634 Control de Calidade de Materiais

[Escola de Enxeñaría Industrial] (Campus de Vigo):

G350305 Ciencia e Tecnoloxía dos Materiais

G360301 Ciencia e Tecnoloxía dos Materiais

Praza nº 5

Referencia:

AD1701-T05-605-AX2-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento:

Mec. de Medios Cont. e Teoría das Estrut.

Departamento:

Enxeñaría dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construción

Titulación:

Doutor

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

Tempo completo

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría Forestal] (Campus de Pontevedra):

G370501 Construcións Forestais

[Escola de Enxeñaría Industrial] (Campus de Vigo):

G330405 Resistencia de Materiais

G360404 Resistencia de Materiais

G380402 Resistencia de Materiais

G380603 Teoría de Estruturas e Construcións Industriais

Praza nº 6

Referencia:

AD1701-T06-500-AX2-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento:

Enxeñería Agroforestal

Departamento:

Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente

Titulación:

Doutor

Centro de traballo:

203 Escola de Enxeñaría Forestal (Campus de Pontevedra)

Dedicación:

Tempo completo

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría Forestal] (Campus de Pontevedra):

G370503 Proxectos

G370504 Impacto Ambiental

G370505 Lexislación e Certificación Forestal

G370604 Hidroloxía Forestal

G370608 Xestión Ambiental

G370701 Planificación Física e Ordenación Territorial

G370702 Xestión de Caza e Pesca

Praza nº 7

Referencia:

AD1701-X05-195-AX2-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento:

Didáctica da Lingua e a Literatura

Departamento:

Didácticas Especiais

Titulación:

Doutor

Centro de traballo:

202 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra)

Dedicación:

Tempo completo

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte] (Campus de Pontevedra): G110404 Didáctica da Lingua e a Literatura Infantil

G120501 Didáctica da Lingua e Literatura: galego

G120910 Literatura Infantil e Xuvenil

Praza nº 8

Referencia:

AD1701-X05-205-AX2-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento:

Didáctica das Ciencias Experimentais

Departamento:

Didácticas Especiais

Titulación:

Doutor

Centro de traballo:

202 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra)

Dedicación:

Tempo completo

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte] (Campus de Pontevedra): G110403 Aprendizaxe das Ciencias da Natureza

G120502 Didáctica das Ciencias Experimentais II

G120901 Educación Ambiental para o Desenvolvemento

Praza nº 9

Referencia:

AD1701-X11-775-AX2-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento:

Socioloxía

Departamento:

Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía

Titulación:

Doutor

Centro de traballo:

308 Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (Campus de Vigo)

Dedicación:

Tempo completo

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo] (Campus de Vigo):

G210305 Socioloxía do Traballo

G210404 Técnicas de Investigación Social

G210504 Teoría das Relacións Laborais

G211103 Socioloxía: Introdución á Socioloxía das Relacións Laborais

G211305 Socioloxía do Traballo

G211907 Investigación Cualitativa Aplicada ás Relacións Laborais

Observacións:

Praza adscrita ao Campus de Pontevedra

Praza nº 10

Referencia:

AD1701-X13-140-AX2-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento:

Dereito do Traballo e da S. Social

Departamento:

Dereito Público Especial

Titulación:

Doutor

Centro de traballo:

308 Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (Campus de Vigo)

Dedicación:

Tempo completo

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

[Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo] (Campus de Vigo):

G210906 Igualdade e Mercado de Traballo

G211903 Dereito Social Comunitario

G211905 Políticas Sociolaborais

Praza nº 11

Referencia:

AD1701-X14-105-AX2-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento:

Comunicación Audiovisual e Publicidade

Departamento:

Comunicación Audiovisual e Publicidade

Titulación:

Doutor

Centro de traballo:

204 Facultade de CC. Sociais e da Comunicación (Campus de Pontevedra)

Dedicación:

Tempo completo

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Facultade de CC. Sociais e da Comunicación] (Campus de Pontevedra):

G070907 Proxectos Interactivos en Novos Medios: Telefonía Móbil e TDT

G190401 Elaboración da Mensaxe Publicitaria

G190801 Produción Publicitaria na Web e Multimedia

G190903 Comunicación Alternativa: Medios Virtuais e Novos Soportes Publicitarios