Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30073

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se inscribe a Asociación de Amigos del Camino de Santiago Siero Jacobeo no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos

A Asociación de Amigos del Camino de Santiago Siero Jacobeo presenta unha solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 31 de maio de 2017.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001 de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi achegada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

– Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, de 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que «para a súa inscrición no rexistro as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste».

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 6 de xuño de 2017 sobre a solicitude, no cal se constata que a Asociación de Amigos del Camino de Santiago Siero Jacobeo persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febreiro. Por iso,

RESOLVO:

Que a Asociación de Amigos del Camino de Santiago Siero Jacobeo quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 216.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura