Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 5 de xuño de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-01158-O-2016 e oito máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador LU-01158-O-2016 e oito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informados/as de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-01158-O-2016

0027-CBM

Dahlia Nerine, S.L.

B66154683

O exceso igual ou superior ao 10 por cento e inferior ao 20 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 10 %.

25.5.2016; 17.56; NVI; 543,8

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

LU-01181-O-2016

C-1705-BM

Roberto Fernández Orjales

32707815K

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras, o telo caducado ou falseado.

31.5.2016; 8.35; AG64; 55,9

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

LU-01242-I-2016

Obstrución

Tallempres, S.L.

B15138654

A desatención total ou parcial ás instrucións ou aos requirimentos dos membros da inspección do transporte terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada cando non se deba cualificar como moi grave.

22.6.2016; 12.00

Art. 141.4 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

OU-00837-O-2016

4046-JJM

Sinercia, Sdad. Coop.

F73617888

Diminución do descanso diario normal en máis dunha hora (sobre 11 horas). Máis de 8 horas e 30 minutos e inferior a 10 horas.

12.5.2016; 19.32; A52; 203,0

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

OU-00976-I-2016

2072-DFF

Elva Rosario Soplatz Torres

54430177X

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

29.5.2016; 15.20; rúa Santo Domingo

Art. 141.25 en relación co

art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-02637-S-2016

PO-6558-AT

Distribución de Productos Refrigerados, S.L.

B36633345

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

5.3.2016; 7.58; rúa Venezuela con rúa Arzopisto Xelmírez

Art. 141.25 en relación co

art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-03231-O-2016

0461-BKP

Eduardo Miralles Millán

46967620X

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

30.3.2016; 16.28; PO531; 11,4

Art. 141.25 en relación co

art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-03551-O-2016

1067-CYT

Cía. Protección y Vigilancia Galaica, S.A.

A15922198

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

21.4.2016; 17.16; A55; 26,0

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

0 euros

PO-04076-O-2016

5027-HDY

Pérez Salgado José David

34969903J

A condución durante máis de cinco horas, ainda que sen superar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

9.5.2016; 9.39; AP9; 137,5

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros