Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30126

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2017.

BDNS (Identif.): 351077.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Os viticultores inscritos no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) que destinen a produción de uva a vinificación.

2. Non se subvencionarán as novas plantacións de viña nin tampouco a renovación normal das viñas que chegasen ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.

Segundo. Obxecto

1. Regular as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia a través de plans (colectivos e individuais) e realizar a súa convocatoria para 2017, en réxime de concorrencia competitiva.

2. O apoio para esta medida aplicarase ás viñas de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións para calquera das superficies de viña das súas explotacións.

Terceiro. Bases reguladoras

Esta medida de reestruturación e reconversión das viñas levarase a cabo a través de plans colectivos (mínimo de 5 persoas viticultoras) e/ou individuais.

Poderá subvencionarse unha ou varias das seguintes actuacións:

a) Reimplantación de viñas.

b) Reconversión varietal.

c) Mellora das técnicas de xestión de viñas.

Cuarto. Importe

Estas axudas son financiadas completamente pola UE, a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga 100 %): 1.400.000 €.

As axudas poderán ser de:

a) Compensación pola perda de ingresos derivada da aplicación do plan (1.290,00 euros/ha e campaña, se for o caso).

b) Custos de reestruturación e reconversión da viña (50 % dos custos elixibles para os plans colectivos e do 35 % para os individuais).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias