María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 29/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Nicolasa Vilela Camiño contra María Ángela Romero Fuciños, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:
«Sentenza 252/2017
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017.
Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 29/2015, seguidos por instancia de María Nicolasa Vilela Camiño, representada e asistida polo letrado Sr. Martínez Conde; contra María Ángela Romero Fuciños, que non compareceu ao acto do xuízo oral; foi citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, ditou a presente sentenza, con base nos seguintes,»
«Decido
Que estimando integramente a demanda interposta por María Nicolasa Vilela Camiño, contra María Ángeles Romero Fuciños, debo condenar e condeno a demandada María Ángeles Romero Fuciños a que lle aboe á demandante a suma de 1.044,26 euros en concepto de diferenzas na indemnización por despedimento obxectivo, máis os xuros previstos no artigo 1108 do Código civil, desde a presentación da papeleta de conciliación (o 27.11.2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.
No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia, polo que se deberá observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe recurso.
A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.
Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asino».
Para que sirva de notificación en legal forma a María Ángela Romero Fuciños, en ignorado paradoiro, expido este edicto para inserilo no Diario Oficial de Galicia e fixalo no taboleiro de anuncios.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017
A letrada da Administración de xustiza