Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30221

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 174/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Diego Peña del Pozo contra 2 Q Portugal SGPS, Lda.; 2 Q Spain, S.L.U.; Pulvino Subministraciones Industriales, S.L., Pedro Jorge Sucena Alves Martins, Enrique Ángel Barros López, 2 Q Portugal Manutenção Profissional, S.A. e o Fogasa, en reclamación de cantidade, rexistrado co número de procedemento ordinario 174/2015, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Pulvino Subministraciones Industriales, S.L., en paradoiro ignorado, co fin de que compareza o día 4.10.2017, ás 9.35/9.40 horas, na planta baixa, sala 1 do edificio da rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada. Deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Pulvino Subministraciones Industriales, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza