Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30280

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de licitación do contrato de servizos de colaboración en materia de inspección de tributos.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: servizo de colaboración en materia de inspección tributaria local.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: 2 anos improrrogables.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento de licitación do contrato determinarase en función dos ingresos realmente recadados e resultará de aplicar a porcentaxe ofertada pola empresa adxudicataria ás cantidades efectivamente recadadas. En todo caso, esa porcentaxe non poderá exceder o 18 % (IVE excluído). O tipo impositivo do imposto sobre o valor engadido (IVE) ascende ao 21 %.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa e na Plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: 15 días contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no DOG ou no BOP. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa, a través da plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si.

9. Apertura dos sobres 2 e 3: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), os días fixados no anexo I.28 do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicado no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario ata un máximo de 2.000,00 € (cláusula 22 en relación co anexo I.27 dos pregos que rexen a licitación).

Vilagarcía de Arousa, 7 de xuño de 2017

Alberto Varela Paz
Alcalde