Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30272

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de licitación de concesión administrativa para uso privativo da vía pública para a instalación dun quiosco churraría.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Barco de Valdeorras. Praza do Concello, nº 2, 32300 Ourense. Órgano de contratación: a Alcaldía e, para determinados actos, a Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: concesión do uso privativo de vía pública (12 m2), no Paseo do Malecón, para a instalación dun quiosco churraría.

3. Procedemento de adxudicación e tramitación: aberto, ordinaria. Criterios de adxudicación: circunstancias persoais, circunstancias familiares, circunstancias económicas, outras circunstancias.

4. Prazo de concesión: dez (10) anos, prorrogable por períodos de dous (2) ata un máximo de dez (10).

5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do valor da concesión e do orzamento das obras.

6. Obtención de documentación e información: Concello do Barco de Valdeorras. Praza do Concello, nº 2, 32300 Ourense. Teléfono: 988 32 02 02. Telefax: 988 32 59 78. Correo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org. Perfil do contratante: www.concellodobarco.org.

7. Presentación de ofertas: trinta (30) días naturais desde a última das seguintes publicacións de anuncios de licitación: DOG, BOP de Ourense e perfil de contratante deste concello.

O Barco de Valdeorras, 30 de maio de 2017

Alfredo García Rodríguez
Alcalde