Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2017 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento ordinario 166/2017, interposto pola Xunta de Persoal de Administración e Servizos funcionario.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o procedemento ordinario 166/2017, interposto pola Xunta de Persoal de Administración e Servizos funcionario da Universidade de Vigo contra a Resolución reitoral do 16 de marzo de 2017 pola que se desestima recurso de reposición contra a Resolución reitoral do 17 de xaneiro de 2017 de execución da relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 2 de xuño de 2017

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo