Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30373

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 5 de xuño de 2017 pola que se autoriza a modificación da autorización do centro privado Santiago Apóstol, de Soutomaior.

A representante da titularidade do centro privado Santiago Apóstol, de Soutomaior (Pontevedra), solicita a ampliación de 1 unidade de educación especial.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a ampliación de 1 unidade de educación especial, no centro cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Santiago Apóstol.

Código do centro: 36009147.

Domicilio: A Montesiña, 33.

Código postal: 36691.

Localidade: Soutomaior.

Concello: Soutomaior.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Cooperativa de Enseñanza Santiago Apóstol.

Composición resultante:

a) Educación infantil: 6 unidades.

b) Educación primaria: 12 unidades.

c) Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

d) Bacharelato: 6 unidades, das modalidades de Ciencias e a de Humanidades e Ciencias Sociais.

e) Educación especial: 2 unidades.

f) Formación profesional:

1 ciclo formativo de grao superior (CS) Administración de sistemas informáticos en rede (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria