Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30424

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 13 de xuño de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2017.

A Orde do 22 de decembro de 2016 (publicada no DOG do 30 de decembro), establece as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e convoca as do exercicio orzamentario de 2017.

No seu artigo 26 «Financiamento», relativo ao financiamento destas axudas, detállase a aplicación orzamentaria utilizada así como o importe económico previsto para cada un dos exercicios orzamentarios establecidos. Neste artigo sinálase, ademais, que os importes indicados se poderán incrementar nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A existencia de remanentes doutras convocatorias permite a ampliación dos fondos inicialmente previstos e será, ademais, necesaria esta ampliación á vista das solicitudes de axuda presentadas.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e se convocan para o exercicio orzamentario de 2017, nos seguintes importes:

Concepto orzamentario

Código de proxecto

Anualidade 2017 (€)

13.03.741A.770.0

201600195

1.472.818,98

Conforme iso, a dotación orzamentaria total para o financiamento desta orde é a seguinte:

Concepto orzamentario

Código de proxecto

Anualidade 2017 (€)

Anualidade 2018 (€)

Anualidade 2019 (€)

13.03.741A.770.0

201600195

14.581.678,98

11.855.559

2.500.000

Disposición adicional única

Esta modificación orzamentaria non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 22 de decembro de 2016.

Disposición derradeira primeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira segunda

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición no prazo dun mes desde a súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural