DCT. Divorcio contencioso 387/2016
Procedemento orixe: sobre divorcio contencioso
Demandante: Isabel Altagracia Lugo Severino
Procuradora: Rocío Cochón Castro
Avogada: Idoya Durán Pouseu
Demandado: Juan Francisco Tavarez de la Rosa
Eu, Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, por este edicto
Anuncio:
Neste procedemento DCT-387/2016 seguido por instancia de Isabel Altagracia Lugo Severino contra Juan Francisco Tavarez de la Rosa ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:
Sentenza nº 204/2017.
Pontevedra, 23 de maio de 2017
Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co número 387/2016, no cal é parte demandante Isabel Altagracia Lugo Severino, representada pola procuradora Rocío Cochón Castro e asistida da letrada Idoya Durán Pouseu, e como parte demandada Juan Francisco Tavarez de la Rosa, declarado en situación procesual de rebeldía.
Resolvo que estimo a demanda presentada pola procuradora Rocío Cochón Castro, en nome e representación de Isabel Altagracia Lugo Severino, contra Juan Francisco Tavarez de la Rosa, en situación procesual de rebeldía, e, en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 22 de xullo de 2006, inscrito no tomo 117, páxina 355, da Sección Segunda do Rexistro Civil de Pontevedra, con todos os efectos legais que comporta a dita declaración. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se outorgasen. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal. Todo isto sen facer expresa imposición das custas.
Unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Pontevedra.
Notifíqueselles esta resolución en forma legal ás partes, ás cales se lles advirte que contra ela cabe recurso de apelación, para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.
Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia.
Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data indicados nela. Dou fe.
Ao encontrarse o dito demandado, Juan Francisco Tavarez de la Rosa, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Pontevedra, 30 de maio de 2017
A letrada da Administración de xustiza