Nicolás E. Pita LLoveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 981/2014 sendo parte neste, dun lado como demandantes Juan Ramón Martínez Canosa, Juan Diego Martínez López, Juan José Castreje Papín e Elsa Lires Buiturón, todos eles asistidos polo letrado Sr. Suárez de la Fuente e, doutro, como demandada, a empresa Flores de Lires, S.L., que non comparece, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que igualmente deixa de comparecer, sobre reclamación de cantidade pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:
«Decido.
Estímase a demanda formulada por Juan Ramón Martínez Canosa, Juan Diego Martínez López, Juan José Castreje Papín e Elsa Lires Buiturón fronte á empresa Flores de Lires, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
Condénase á empresa Flores de Lires, S.L., a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:
– A Juan Ramón Martínez Canosa a cantidade de vinte e cinco mil novecentos setenta e cinco euros con noventa e oito céntimos de euro (25.975,98 euros).
– A Juan Diego Martínez López a cantidade de vinte e tres mil catrocentos trinta e sete euros con setenta e tres céntimos de euro (23.437,73 euros).
– A Juan José Castreje Papín a cantidade de vinte mil trescentos oitenta e sete euros con nove céntimos de euro (20.387,09 euros).
– A Elsa Lires Buiturón a cantidade de trece mil douscentos noventa e dous euros con sesenta e dous céntimos de euro (13.292,62 euros).
Todas as cantidades percibirán o xuro moratorio previsto no artigo 29.3 do ET.
Condénase á empresa demandada a aboar as costas causadas cos límites legalmente establecidos.
Notifíquese a resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu abogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita LLoveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
A Coruña, 9 de maio de 2017