Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 732/2014 en que son parte, dun lado como demandante, María Vázquez Castro, asistida pola letrada Sra. Pardo Rodríguez, e, doutro, como demandadas, as empresas Consultoría a la Formación y a la Empleabilidad, S.L. e Asociación Empresarial de Discapacitados de Galicia, que non comparecen, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que igualmente deixa de comparecer, sobre reclamación de cantidade pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:
«Decido.
Estímase parcialmente a demanda formulada por María Vázquez Castro fronte ás empresas Consultoría a la Formación y a la Empleabilidad, S.L. e Asociación Empresarial de Discapacitados de Galicia con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Absólvese a Asociación Empresarial de Discapacitados de Galicia das pretensións fronte a ela dirixidas.
– Condénase a empresa Consultoría a la Formación y a la Empleabilidad, S.L. a aboarlle a María Vázquez Castro a cantidade de seiscentos cincuenta e un euros con setenta céntimos de euro (651,70 euros).
Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.
A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recurrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado e fará constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
A Coruña, 23 de maio de 2017