Procedemento abreviado 245/2015
Procedemento ordinario 245/2015
Procedemento orixe: /
Sobre ordinario
Demandantes: Fundación Laboral de la Construcción
Avogado: Adrián Núñez Fernández
Demandada: Construcciones Rafra, S.L.
Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Construcciones Rafra, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 245/2015 se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Construcciones Rafra, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 18 de outubro de 2017 ás 10.05 horas, na Secretaría deste xulgado sita na planta primeira e, se é o caso, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, ao cal poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandnate, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.
Para que sirva de citación a Construcciones Rafra, S.L., expídese a presente cédula para publicar no Boletín Oficial de la provincia e colocar no taboleiro de anuncios.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017
A letrada da Administración de xustiza