Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 14 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración no expediente de expropiación IN661A 2014/1-1, nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase do traslado das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada repotenciación parque eólico Malpica, nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso (expediente IN661A 2014/1-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 14 de xuño de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2014/1-1.

Entidade beneficiaria: Parque Eólico de Malpica, S.A. (Pemalsa).

Denominación da instalación: repotenciación parque eólico Malpica.

Concellos: Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

Predio

Concello

Titularidade

Incidencia

229

Ponteceso

Manuel Esmorís Castro

Enderezo ignorado

230

Ponteceso

Herminio Ordóñez García

Falecido

275

Ponteceso

José Martelo Varela

Enderezo ignorado