ETX execución de títulos xudiciais 129/2017
Procedemento orixe: despedimento obxectivo individual 870/2016
Sobre despedimento
Demandantes: Florindo Antonio Iglesias Pedrosa
Avogada: Rocío Rodríguez Enríquez
Demandada: Panadería Kuralay, S.L.
Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 3
Asunto en que se acorda: execución de títulos xudiciais 129/2017
Persoa que se cita: Panadería Kuralay, S.L., como parte demandada
Obxecto da citación:
Asistir nesa condición ao/os acto/s de xuízo/conciliación e, se for o caso, xuízo, concorrendo a tales actos coas probas de que se tente valer e tamén, se a parte contraria o pide e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.
Lugar, día e hora en que debe comparecer:
Sinálase o día 12.7.2017 ás 9.20 horas para a celebración da comparecencia na planta baixa, sala 3, Edificio Rúa Berlín.
Prevencións legais:
1º. A incomparecencia do executado, debidamente citado, non impedirá a celebración da comparecencia.
2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que se tente valer (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderanse considerar recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.
Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.
Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá achegar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.
3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandado, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.
O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados; así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.
4º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión da comparecencia.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017
A secretaria xudicial