Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2017 Páx. 31677

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a concesión dos premios á cooperación 2017.

Mediante a Orde do 23 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro), da Consellería de Economía, Emprego e Industria establecéronse as bases reguladoras dos premios á cooperación, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2017.

Nas bases reguladoras establécese que a Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas actuará como tribunal e que a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego resolverá a concesión dos premios que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez aprobada a proposta de concesión dos premios pola Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas, na súa reunión do 5 de xuño de 2017, e sen que fosen formuladas reclamacións, mediante Resolución da Secretaría Xeral de Emprego do 19 de xuño de 2017 aprobouse a concesión dos premios.

Por todo o anterior

DISPOÑO:

Facer pública a concesión dos premios á cooperación 2017 ás entidades que se indican a seguir:

Premios os valores cooperativos a Dalle que dalle, Sociedade Cooperativa Galega.

Premio ao mellor proxecto cooperativo novo a Terras da Mariña, Sociedade Cooperativa Galega.

Premio á traxectoria cooperativa a Sociedade Cooperativa Galega de Educación Medioambiental CEM.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego