Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2017 Páx. 31753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de xuño de 2017 pola que se empraza o interesado no procedemento abreviado 97/2017 no expediente de reposición da legalidade OUR/36/2015, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense en relación co procedemento abreviado 97/2017, interposto por María Ángeles Soto del Río contra a Resolución do 1 de marzo de 2014, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/36/2015, na cal se declara que as obras de construción dun almacén agrícola que invade a zona de protección da vía no lugar de Tibiás, parroquia de San Bernaldo de Tibiás, concello do Pereiro de Aguiar, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras na superficie que invaden a zona da vía, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante esta cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas-LPACAP, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Manuel Francisco Mellado Novoa para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística