Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31878

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 203/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 203/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noelia González Fernández contra José Manuel Brandón Caamaño, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar ao executado José Manuel Brandón Caamaño en situación de insolvencia total por importe de 1.632,64 euros, máis 163,26 euros en concepto de xuros e custas sen prexuízo de posterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 00301846420005001274 no Banco Santander, debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrada da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Manuel Brandón Caamaño, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza