Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución da mellora do colector do río Breiro, eliminación de pluviais e implantación de técnicas de drenaxe urbana sustentable (Boiro), non suxeito a regulación harmonizada, cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Tipo de contrato: contrato administrativo de servizo.

Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: 82.595,32 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais modificacións contractuais previstas.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, en que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: servizo.

Descrición: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución da mellora do colector do río Breiro, eliminación de pluviais e implantación de técnicas de drenaxe urbana sustentable. Boiro (A Coruña).

Número de expediente: OH.915.1123.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 249, do 30 de decembro de 2016.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 73.116,72 euros. Importe total: 88.471,23 euros.

Data de adxudicación: 16 de maio de 2017.

Importe de adxudicación: importe neto: 51.058,00 euros. Importe total: 61.780,18 euros.

Data de formalización do contrato: 29 de maio de 2017.

Contratista: Aquática Ingeniería Civil, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2. «o investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO) «reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas». Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións:

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme ao disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia