Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2017 polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes en materia de dominio público hidráulico devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar (expediente DH.W15.52677 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas definidas no anexo as resolucións ditadas nos expedientes DH.W15.52677 e catro máis, en materia de dominio público hidráulico.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W15.52677

Marisol Santos Pouso

R/ Arnela, 40, Baroña,

15979 Porto do Son

28.7.2016

Favorable

DH.B15.24231

José Alfonso Boga Conde

Ledoño, 91,

15189 Culleredo

6.7.2016

Arquivamento

DH.W15.51896

Manuel Barreiro Peteiro

R/ Joaquín Martín Martínez, 4, 2º C,

15008 A Coruña

5.7.2016

Arquivamento

DH.A15.28498

Regina Esther Rodríguez Pillado

Gándara, 35, Oleiros,

15993 Ribeira

1.8.2016

Arquivamento

DH.W36.53186

Carole Pascale Moriss Lefebvre

Lorenzo de la Carrera, 15, entresollado, 36300 Baiona

29.8.2016

Favorable