Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32133

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (24/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 24/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Moreno García contra o INSS, a TXSS, Gráficas Catena, S.L., Mutua Asepeyo, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo ter por desistida a parte demandante da súa demanda e acordo o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gráficas Catena, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 9 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza