Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica expediente sancionador por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (expediente PO 27/2017).

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a interesada que consta no anexo, mediante este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

A interesada poderá comparecer, no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e a constancia del. Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 20 de xuño de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada (comercio)

Expediente

Acto

Concello

Ernestina Álvarez Fernández (Prunelle Moda)

PO 27/2017

Inicio de expediente sancionador

Vigo