Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2017 pola que se convoca a contratación, por procedemento aberto, da xestión do Servizo Galego de Apoio a Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de dependencia, con tramitación documentalmente simplificada (expediente PA 24/2017).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 56 50/981 54 69 87.

4º. Fax: 981 54 56 63.

5º. Correo electrónico: xestion.politicasocial@xunta.gal

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: PA 24/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: xestión do Servizo Galego de apoio a Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou en situación de dependencia (SGAMP).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si.

d) Lugar de execución/entrega: todo o territorio da Comunidade Autónoma.

e) Prazo de execución/entrega: un ano desde a sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia nomenclatura): 60140000-1 Transporte non regular de pasaxeiros.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver a cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: sete millóns cincocentos seis mil cento corenta e un euros con sesenta e tres céntimos (7.506.141,63 €).

5. Orzamento:

a) Orzamento base de licitación: tres millóns catrocentos once mil oitocentos oitenta e dous euros con cincuenta e seis céntimos (3.411.882,56€), aos que se engaden trescentos corenta e un mil cento oitenta e oito euros con vinte e sete céntimos (341.188,27€) que corresponden ao IVE, polo que o importe total do expediente de gasto é de tres millóns setecentos cincuenta e tres mil setenta euros con oitenta e tres céntimos (3.753.070,83 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación do contrato, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver a cláusula 5.4.7 do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 19 de xullo de 2017.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación xeral.

Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicaranse na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres A, B e C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia, que serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=169472

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social