Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de xuño de 2017 pola que se notifica a resolución de declaración de caducidade do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade urbanística, e acordo de incoación do novo expediente de restitución e reposición da legalidade, devolta polo servizo de Correos por resultar o destinatario ausente na repartición.

O 24 de febreiro de 2017, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou resolución de caducidade no expediente sancionador e de reposición e restitución da legalidade Urbanística P-UL-59.03/14 e o 18 de abril de 2017 resolveu incoar un novo expediente de restitución e reposición da legalidade POL/38/2017, tramitado pola realización de obras, dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Rabáns, Vilanova, O Hío, termo municipal de Cangas (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal das resolucións a José Carlos Álvarez Lago, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle o interesado as devanditas resolucións por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro das resolucións que se notifican se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, as notificacións entenderanse producidas.

En relación coa resolución de caducidade, pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da presente notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante a circunscrición onde o recorrente teña o seu domicilio, conforme o disposto no artigo 14.1, regra segunda, Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En relación co acordo de incoación do novo expediente o interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles, para alegar e presentar os documentos e informacións de que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación o destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística