Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32212

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO para a cobertura dunha praza de policía local para este concello correspondente á oferta de emprego de 2014.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 130, do 8 de xuño de 2017, foi publicada a corrección das bases que rexerán a cobertura dunha praza de policía local para o Concello de Ourense por mobilidade correspondente a oferta de emprego de 2014.

O novo prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos no taboleiro de anuncios da corporación e cando proceda no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Ourense, 12 de xuño de 2017

O alcalde
P.D. (Acordo do 30.3.2017)
Flora Moure Iglesias
Concelleira delegada de Recursos Humanos