1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.
c) Número de expediente: OH.488.369.SV.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: administrativo de servizo.
b) Descrición: actuacións de conservación, mantemento e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona de Galicia-Norte e as súas zonas de acceso e protección.
c) CPV (referencia de nomenclatura): 77312000-0, 77312100-1, 77341000-2.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S63, do 31 de marzo; Diario Oficial de Galicia núm. 62, do 1 de abril, e Boletín Oficial del Estado núm. 84, do 7 de abril de 2016.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación e suxeito a regulación harmonizada.
4. Valor estimado do contrato: 1.829.250,28 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.
5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 914.625,14 euros. Importe total: 1.106.696,42 euros.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 5 de maio de 2017.
b) Data de formalización do contrato: 5 de xuño de 2017.
c) Contratista: Eulen, S.A.
d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 796.821,42 euros. Importe total: 964.153,92 euros.
e) Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.
7. Outras informacións.
A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia